17:51 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O Goberno municipal de Oleiros volve alertar sobre os problemas provocados polas especies invasoras

Ademais dos importantes estragos que están a causar no ecosistema, no caso das avespas asiáticas existen riscos importantes para a seguridade das persoas

Stadio Sport  |  20 de Octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

O alcalde de Oleiros, a través do seu escano de deputado provincial, presentou recentemente unha moción sobre este asunto na Deputación da Coruña polos gravísimos problemas que esta situación está a provocar. “Tanto a Xunta de Galicia, como as Deputacións e os concellos teñen que actuar de xeito contundente canto antes e non agardar máis”, dixo.

“O dos plumachos tamén é gravísimo. Plantáronse na Autoestrada do Atlántico e a partir de aí non deixaron de expandirse por toda Galicia. Neste tema, non só hai que pedir medidas ás administracións senón que tamén se precisa da concienciación e actuación do conxunto dos cidadáns para acabar con esta planta que pode rematar coa riqueza e a beleza vexetal que temos.”, comentou.