00:10 h. jueves, 25 de abril de 2024

O Goberno da Marea Atlántica impídelle ao BNG acceder aos orzamentos de 2016 presentados publicamente o pasado venres 11 de decembro

Stadio Sport  |  22 de diciembre de 2015 (20:01 h.)

O Bloque denuncia que a contestación á solicitude ou é unha “tomadura de pelo” ou ben o Goberno municipal dedícase máis a “vender fume” que a xestionar

 

O Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña manifesta que o Goberno Local indicou nunha contestación que, a día de hoxe, non existe proxecto de orzamentos para 2016.

O Bloque sinala que o Goberno da Marea Atlántica desestimou a súa petición na que solicitaban acceder ao proxecto de orzamentos de 2016 presentado polo Goberno Municipal aos medios de comunicación o pasado venres 11 de decembro (achégase a solicitude dixitalizada). Así, no decreto (achégase dixitalizado) no que o Goberno contesta á solicitude di literalmente:

“A Área de Economía e Facenda sinala que o único documento formalmente incorporado ao expediente de orzamentos para 2016 é a instrución emitida pola Alcaldía no mes de agosto, para que trasladaran á Oficina orzamentaria as necesidades para 2016. Os documentos de traballo existentes están en fase de elaboración e non forman aínda o proxecto de orzamentos que será sometido á detallada tramitación regulada prevista no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais e Decreto 500/90, de 20 de abril, durante a cal todos os membros da corporación terán oportunidade de acceder aos datos necesarios para o exercicio das súas función”.

As nacionalistas “barallan” dúas posibilidades: ou ben o Goberno local dedícase máis a “vender fume” e a “facer que fai” que a xestionar por presentarlle aos medios de comunicación uns orzamentos de 2016 que realmente son “documentos de traballo”; ou ben é unha “tomadura de pelo” e si que existen os orzamentos –como todo parece indicar xa que fixeron públicas mesmo cifras concretas– e non queren darlle acceso aos grupos da oposición.

Hemeroteca