00:25 h. Lunes, 20 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

A expropiación da gasolineira de Santa Cruz axustarase ao xustiprezo establecido polos tribunais

A estación de servizo, ubicada no cruce entre a rúa Concepción Arenal e a avenida Emilia Pardo Bazán, incumpre a normativa medioambiental e, segundo marca o Plan Xeral de Ordenación Municipal de 1984, o espazo que ocupa está destinado a fins viarios

Stadio Sport  |  09 de Octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A revogación da licenza da gasolineira débese, en primeira instancia, á vulneración da lexislación mediambiental sobre emisións de gases e á obsolescencia das instalacións. O Concello de Oleiros detectou en numerosas ocasións fugas de partículas e de aceites que contaminan o río de Santa Cruz. Cabe lembrar que esa acumulación de gases lle provocou, no 1986, unha explosión a un local de hostalería próximo ás instalacións de Cepsa.

Ademais da gravidade e perigosidade desas deficiencias medioambientais, o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado en Oleiros destina o espazo que ocupa a gasolineira a fins viarios e non a unha estación de servizo. O PXOM de 1984 establece a construción dunha rotonda para desconxestionar o tráfico na zona de Santa Cruz. Unha actuación que afecta a todos os veciños e veciñas do norte do municipio e aos numerosos visitantes que acuden ás praias. Segundo as mediacións oficiais, 22.469 vehículos circulan cada día por ese punto da estrada.

A gasolineira tamén está a incumprir os horarios de apertura ao pechar as fins de semana e, en ocasións, non dispón de combustible para subminitrar aos vehículos. Numerosos veciños e veciñas puxéronse en contacto co Concello de Oleiros para amosar o seu malestar polo deficiente servizo que ofrecen aos condutores nesta estación. Segundo eses mesmos veciños e veciñas, os problemas débense aos impagos aos provedores do combustible. Os veciños tamén informaron que desde a dirección tentaron solventar esa situación inducindo aos traballadores a solicitar préstamos bancarios, baixo insinuacións dun posible peche da gasolineira.

O Concello de Oleiros decidiu agardar ata agora para levar a cabo a expropiación xa que se considerou que este é o mellor momento ante a inmediata finalización do contrato de arrendamento. A licenza desta gasolineira é o do ano 1959. Ampliouse no 1977 para instalar novos depósitos, pero o período de vida útil establecido por lei remata en xaneiro.

Os propietarios da estación de servizo, recibiron a primeira notificación  municipal en outubro de 2014, hai agora mesmo un ano. Tanto o titular, Cepsa, como o arredantario, Distribuciones Taula, están completamente informados do proceso de expropiación desde entón.