00:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

A Domus abre o prazo de preinscrición dos seus obradoiros de robótica para escolares

Stadio Sport  |  27 de septiembre de 2015 (00:03 h.)

Os talleres desenvolveranse os martes e mércores do último trimestre do ano

 

Os Museos Científicos Coruñeses informan que o vindeiro luns, 28 de setembro, abrirá o prazo de preinscrición para participar no Club Maker@Domus, os obradoiros de robótica da Domus para escolares. Os talleres, dirixidos ao alumnado desde 4º de Primaria até 4º da ESO dos centros da cidade, celebraranse desde o 6 de outubro até o 23 de decembro unha vez á semana.  As e os participantes realizarán un itinerario de aprendizaxe na área da robótica educativa, pasando por diversas contornas de aprendizaxe e ferramentas dixitais. O alumnado traballará en dous grupos segundo a súa idade. Así, as e os escolares de 4º, 5º, e 6º de Primaria formarán parte do “Club maker@domus 1”, que se desenvolverá os mércores de 18.30 a 20.30 horas e no que aprenderán a construír o seu primeiro robot e a programalo. Pola súa banda, o alumnado de 1º a 4º da ESO do “Club market@domus 2” coñecerán distintas plataformas de robótica educativa e programación, e deseñarán un robot autónomo con motores e sensores. O obradoiro de Secundaria terá lugar os martes de 18.30 a 20.30 horas.  

O prezo da actividade é de 24,04 € por participante. As persoas interesadas deberán realizar a súa preinscrición a partir das 8.00 horas do luns 28 de setembro cubrindo o formulario electrónico dispoñible na web. Os Museos Científicos advirten que só se admitirán as solicitudes que se reciban entre as 8:00 e as 14:00 horas do mesmo día. Unha vez confirmada a admisión, as e os solicitantes aboarán a actividade nas oficinas da Domus do 30 de setembro ao 2 de outubro, en horario de 9 a 14 horas. Para máis información poden poñerse en contacto co Museo no número de teléfono 981 189 840.

Hemeroteca