00:09 h. jueves, 28 de marzo de 2024

O BNG valora positivamente a proposta de restrinxir os usos de continxencia para protexer o mercado de Santa Lucía

Stadio Sport  |  02 de octubre de 2015 (02:22 h.)

Na Comisión de Rexeneración Urbana, tal e como demandaba o Grupo Municipal do BNG, foi modificado o informe-proposta co obxectivo de protexer e potenciar o uso de abastecemento na parcela do mercado

 

O Grupo municipal do BNG considera positivo, logo da reunión da Comisión de Rexeneración Urbana, que finalmente se restrinxan os usos de continxencia inicialmente previstos no informe-proposta que presentaba o Goberno municipal. Neste sentido, a proposta que se levará a Pleno, ademais de protexer e potenciar o uso de abastecemento, e de permitir un uso sanitario, co que se facilitaría a instalación dun centro de saúde do mercado, tamén incorpora a continxencia con “outros usos dotacionais de equipamento público que poidan potenciar o propio uso de abastecemento (sociocultuarais, administrativos e de uso cidadán) en función do futuro proxecto construtivo e distribución do edificio”.

Deste xeito, e tal e como viña defendendo o BNG, protéxense os postos das e dos praceiros que hoxe en día manteñen a actividade no mercado, potenciando as instalacións e garantindo a continuidade do seu funcionamento.

A rectificación do Goberno da Marea coa incorporación do uso sanitario e de usos dotacionais de equipamento público, deste xeito, dinamizará o mercado no marco dun proxecto integral de renovación, revitalización e modernización, no mesmo sentido ao recollido na moción que o BNG presentou no pleno de setembro, e que foi aprobada polo voto unánime de todos os grupos. Unha moción que, desta volta, e como demandaban as nacionalistas, si aparece mencionada como antecedente que provoca a mudanza dos usos da parcela.

Hemeroteca