00:27 h. Lunes, 20 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O BNG-AA pide actuacións de conservación no Pasatempo ao longo do ano

Cos 65 000 euros que o PSOE estragou en protocolo e propaganda teríamos 65 000 euros que estarían moito mellor empregados en amañar o Pasatempo porque serviría para conservar o patrimonio e atraer turismo a Betanzos”, declarou o voceiro Henrique del Río

Stadio Sport  |  01 de Octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

O BNG-Asembleas Abertas demandou no Pleno actuacións concretas para garantir o mantemento do Pasatempo. O voceiro nacionalista, Henrique del Río, advertiu de que “canto máis se dilata a intervención, máis caro é pobo de Betanzos”. E lembrou que “o mal estado do Parque obriga a telo pechado”.

As nacionalistas celebraron os últimos traballos desenvolvidos no parque enciclopédico “tendo en conta o abandono que sofre”, mais lamentaron que se reduzan a “accións cosméticas” ou “de urxencia” nas zonas axardinadas. “Despois dos traballos de limpeza algunhas veciñas transmitiron a súa preocupación por rozas indiscriminadas e denuncian que hai estanques que necesitan unha limpeza urxente”. “En definitiva,  as veciñas constataron- explica Del Río- que o parque en xeral segue nun estado lamentábel” asegurou.

Para o BNG-Asembleas Abertas, son necesarias máis labores de limpeza e mantemento no recinto ao longo de todo ano. Interpelaron ao goberno local sobre a existencia de accións concretas no Pasatempo que impliquen non so mantemento senón recuperación específica para o conxunto Parque do Pasatempo.

Del Río recordou que as nacionalistas presentaron emendas aos orzamentos municipais para garantir fondos buscando asegurar a recuperación do Pasatempo. Porén, “o PSOE nin sequera entrou a debater estas achegas. O BNG-AA lamenta que “cos 40 000 euros que o goberno local gastou en protocolo e os 25 000 que estragou en propaganda teriamos 65 000 euros para facer melloras no Pasatempo”. “Esta cantidade- estiman no Bloque- estaría moito mellor empregada porque serviría para conservar o patrimonio e atraer turismo a Betanzos”.

“Parécenos moi ben que o goberno do PSOE faga conferencias e cursos sobre o Pasatempo e o Casco Histórico, pero en algún momento debían de levar á practica algunha das propostas, porque con esta desidia imos quedar sen Casco Histórico e sen Pasatempo”, conclúe pesimista.