José Tomás Minero Domínguez, alcalde de Ciudad Delgado (El Salvador), visitou o Concello de Oleiros dentro dunha rolda de visitas a diversos municipios españois referentes na Cooperación Internacional
O alcalde salvadoreño, recentemente reelexido no seu cargo, destacou que Oleiros foi o primeiro concello que cooperaou co seu municipio. “Grazas á relación e aos programas de cooperación podemos desenvolver accións para mellorar a calidade de vida da nosa poboación”, dixo. Países como Venezuela ou Cuba cooperan actualmente con Ciudad Delgado o que permite que este municipio salvadoreño sexa un lugar de referencia no ámbito da oftalmoloxía.
Minero destacou que cada vez que vén a Oleiros aprende “algo novo” que adaptan e poñen en marcha en El Salvador. “O xeito no que aquí se atende á poboación, a atención social, os equipamentos, os servizos públicos… Se o mundo fora como Oleiros sería un lugar precioso. A miña felicitación ao Goberno pola súa xestión”, dixo.