00:00 h. miércoles, 24 de abril de 2024

O VALOR DA UNIDADE

Xoán Antón Pérez Lema  |  20 de julio de 2015 (02:05 h.)

A iniciativa dunha cumprida representación do noso mundo profesional e cultural  para a celebración cidadá do Día da Nación galega o vindeiro 25 de xullo ten un valor  evidente, porque convoca unha celebración que trascende partidos e vertebra á nosa sociedade. Tendendo a unha reivindicación baseada na nación como acto de cidadanía, como acto de civismo e vontade

Esta iniciativa opera nun plano que só atinxe ao mundo- máis ou menos amplo, máis ou menos limitado- do nacionalismo,do galeguismo e mesmo dos que ven Galicia en clave de país e como tal, suxeito político por si proprio. Neste contexto,  non deixa de ser verdade que o outro debate que está riba da mesa, o de xuntar cidadanía nunha grande marea galega, que sobarde estes límites e atinxa, apelándoos, a outros sectores da sociedade galega, partilla noutra liga. Compre, pois, non confundirmos os conceptos nin confundirmos os debates, mais sen sermos tan inxenuos como para ignorar que un e outro están certamente relacionados.

Na Galicia e na Europa do 2015 cada vez son menos comprensíbeis as liortas partidarias en clave propria da “Vida de Brian”. Importan, xa, ben pouco os purismos, os resistencialismos e os adanismos. Son tempos de tecer complicidades e de construir pontes. E de escoitar a esas ducias de milleiros de galegos e galegas que non entenden as artificiais diferenzas  entre os fas e os nefas, entre a fronte xudía de liberación e a fronte de liberación dos xudeus. De escoitar ao común.

Porque,precisamente dende o plano cidadán (dende o plano veciñal) non hai risco de que o mato non nos deixe ver as figueiras.  Non hai risco de que os ideoloxismos non nos deixen albiscar as solucións.-

 

A ARRINCADEIRA: EUROPA, EUROPA

Outravolta a Europa da incompetencia pariu unha (non) solución á crise grega. Mais as disensións na Syriza e na CDU alemá ilustran que os grandes problemas da  osa convivencia só se resolverán con máis Europa. Cunha gobernanza común que mutualice todas as débedas públicas, unifique a defensa militar, a coordinación fiscal,  a unión monetaria e máis a diplomacia. Doutro xeito hanos comer polos pés. A falla de visión dos austericidas e de determinados “campions nacionais” afasta a única solución posiñbel. A solución global europea.

Hemeroteca