11:06 h. Martes, 23 de Abril de 2019

MÁIS CA NUNCA A CLAVE É TERRITORIAL

Co escrutinio case rematado, tanto no noso País como no conxunto do Estado, ningunha coalición a dous, agás a moi improbábel do bipartidismo dinástico (que suman uns 215 sobre 350 deputados, máis de 80 menos ca en 2011) acada números próximos aos 176 escanos da maioría absoluta

Xoán Antón Pérez Lema  |  21 de Diciembre de 2015 (00:43 h.)
Más acciones:

 

PP e C´s fican moi lonxe da maioría absoluta que lle daban a meirande parte das enquisas. Suman en conxunto 162 deputados con cadanseus 28,6% e 13,8% dos votos. Fica ben claro, pois, quen segue sobrancear na dereita española.

Máis complexo é o outro bloque posíbel: Podemos (41 escanos), PSOE (91, cun Sánchez que safa por pouco, pero safa), a catalá En Comú Podem (12), os valencianistas de Compromís-Podem (9) e En Marea(6) acadan 160 escanos. O resto van  a IU e ás formacións ERC (9), Democracia i llibertat,alicerzada en Convèrgencia e outros partidos (8), PNV (6), EH Bildu (2) e Coalición Canaria(1). A diferenza neste bloque é que a suma de votos de Podemos máis as forzas nacionais nas que partilla case empata cos votos socialistas, manifestando unha clara distorsión na representación por escanos por mor da regra D´Hondt.

Porén, semella que a clave territorial seguerá a ser importantisima nesta lexislatura, pois que só dende o apoio ou abstención das forzas nacionalistas (quer as presentadas por si, quer as que concorreron en coalición con Podemos) é posíbel unha maioria de goberno. E ésta será imposíbel cun goberno de centro-dereita, alicerzado en dúas forzas inmobilistas no territorial. Porén, Pablo Iglesias xa entendeu a clave territorial, facendo unha chiscadela ao recoñecemento da plurinacionalidade como pao de palleiro dunha reformulación do Estado.

Na Galicia o grande trunfo é para  a coalición En Marea. Non só por acadar o 25% do voto e o segundo posto detrás dun PP que cun 37% perde quince pontos, senón por gañar as eleccións en Vigo e empatalas n’A Coruña. O seu empuxe na Galicia urbana foi irreprochábel. E, en último de contas, sumiu  Nós Candidatura Galega na irrelevancia, forzando ao BNG a unha urxente refundación.

Os resultados na Galicia non poden ser transladábeis ás autonòmicas do 2016, mais sinalan unha tendencia. O PP camiña cara á oposición, sempre que os mareantes saiban seguer a acumular forzas administrando con prudencia e xenerosidade o seu resultado.