00:01 h. jueves, 28 de marzo de 2024

CANDIDATURA DE PAÍS

Xoán Antón Pérez Lema  |  22 de junio de 2015 (02:00 h.)

O baño de realidade das pasadas eleccións locais e a velocidade de vértigo á que se moven hoxendía as tácticas políticas xerou un escenario que ningúen tería prognosticado hai seis meses

O BNG, co seu capital organizativo, social e sindical renunciando ás súas siglas cara ás vindeiras eleccións e Podemos, coa súa marca, recoñecendo que en Galicia habería presentarse ás mesmas en unión doutras forzas sociais e políticas, mentres lle nega a IU outra saída no resto do estado (agás Catalunya e o País Valenciano) ca a de integrar as fileiras podemitas.

Diríase que está todo feito e que haberá converxencia ou maré galega nos comicios do outono. Mais subsisten algún problemas de solución complexa, aínda que totalmente resolúbel dende a intelixencia e a xenerosidade. É moi posíbel unha candidatura galega que integre galeguistas e non galeguistas. É, tamén, factíbel que esta candidatura teña una orixe máis  cidadán ca de partidos, mais tamén precisará destes, dos novos axentes sociais e dos alcaldes-referentes do galeguismo e das marés cidadás.

Mais a chave do asunto é o nível de relación desta candidatura de converxencia con outras forzas estatais e territoriais. Ou, para sermos máis directos, o seu grao de dependencia de Podemos e do seu candidato nas xerais, Pablo Iglesias.

E aí é onde compre a finezza. Porque Podemos semella querer mandar e os demáis actores políticos e sociais (e non só os galeguistas) semellan estar por unha candidatura galega  con centro de decisión no País e que forme grupo parlamentario de seu e independente. Sen prexuizo de apoiar Podemos e outras forzas estatais ou territoriais nas súas iniciativas lexislativas ou mesmo cara ao Goberno do Estado.

Mais é evidente que o valor da converxencia, da unidade cidadá é superior ao da marca Podemos, polo que as solucións haberían ir máis pola independencia da candidatura galega de país. Unha Independencia que tamén afortalaría as expectativas electorais de Podemos no conxunto do Estado. Porque en Madrid, Málaga ou Valladolid o pacto preelectoral de Podemos cos galeguistas ou cos valencianistas de Compromis lles restaría un bó lote de votos.

Hemeroteca